CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Éntoma regresa aos séculos XVII e XVIII da man de Isidro García Tato

O patio das Escolas acolleu o acto cultural e gastronómico con degustación de viños de Valdeorras

A relación do historiador valdeorrés Isidro García Tato con Éntoma é, segundo as súas propias palabras, “existencial”, tendo xogado un papel importante na súa vida, polo que se considera “un veciño máis”. Por iso non é de extrañar que contaran con el para formar parte da xornada cultural que tiña lugar na tarde do 7 de xullo no patio das Escolas de Éntoma.

No marco da VII Xuntanza de primos Martínez Tato, Isidro García deu unha conferencia sobre a historia de Éntoma baixo o prisma da súa dependencia coa Encomenda de Quiroga da Orde de San Xoán de Xerusalén.

No acto, a historia mesturouse coa música e a gastronomía, e o apartado musical correu por conta do estudoso da música antiga, luthier e intérprete Carlos Caramés Martínez que deu un concerto de clavecín (instrumento musical con teclado e cordas pulsadas moi utilizado no Barroco. A comida, pechaba a xuntanza coa degustación de “Bocados da Encomenda” acompañados polos viños das adegas Virxe de Galir e Roandi.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button