ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

Entre 10 e 12 pistas abertas esta fin de semana na Estación de Montaña Manzaneda

 

Primeira fin de semana de marzo e sexta consecutivo que a Estación de Montaña Manzaneda abre as súas portas cuberta de neve para a práctica do esquí e o snowboard, con entre 10 e 12 pistas.

Segundo as predicións meteorolóxicas, o sol volverá marcar estas dúas xornadas, polo que se espera outra gran fin de semana de neve en Manzaneda, que superou cada fin de semana a afluencia do anterior desde que abriu por primeira vez para a práctica do esquí.

Como ocorreu durante as anteriores fins de semana, os servizos de restauración estarán abertos e reforzados, ademais de todos os aloxamentos: 34 apartamentos con baño e cociña completas que se distribúen da seguinte forma: 10 apartamentos con cama de matrimonio con posibilidade de supletoria; 18 apartamentos de 4 prazas e posibilidade dunha máis con supletoria e 6 apartamentos con 7 prazas e posibilidade de 1 máis con supletoria.

 

 

A Estación tamén dispón de dous albergues, o Bibei, con 88 prazas distribuídas en habitacións de 18, 16, 10 e 2 para coidadores, e o Queixa, con 66 prazas distribuídas en habitacións de 14, 10, 8 e 6, todos con baños comunitarios por plantas.

Ademais, e como novidade das últimas semanas, os visitantes terán á súa disposición un autobús gratuíto para o traslado desde o acceso da Estación ata o despacho de billetes, a cafetería e os apartamentos, que funcionará entre as 10 e 16 horas tanto do sábado como do domingo, facilitando a mobilidade interior.

Artigos relacionados

Back to top button