Na tardiña do sábado 1 de marzo a localidade de Biobra, no concello de Rubiá, celebraba o seu particular ‘Entroido Bodegueiro’.
Primeiro había xogos para os nenos e despois tiña lugar a ruta polas oito adegas que abrían as portas para a ocasión ao son do Folión de Petín e dos Viticultores de Vilamartín. Unha animada tarde entre bombos, disfraces e viño.
Fotos e vídeos cedidos.