Na mañá deste martes 12 de abril o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, entregaba as chaves dunha vivenda en réxime de alugueiro na cidade das Burgas.
Trátase do inmoble emprazado na rúa Manuel Lago, nº 3 – 4º B, que forma parte dunha promoción de vivendas construída pola Xunta. Ten unha superficie útil de 64,44 m2 e consta de recibidor, salón, 2 dormitorios, 1 baño, cociña, lavadoiro e un vestíbulo. Tamén dispón de rocho e garaxe.
A vivenda foi adxudicada en réxime de alugamento, polo que seu inquilino pagará unha renda mensual que non excede dos cen euros, en función dos ingresos da persoa adxudicataria.
O delegado territorial explicou que a persoa beneficiaria xa pode instalar na vivenda e resaltou que estas actuacións son unha mostra máis do esforzo do Goberno galego para facilitar o acceso a unha vivenda aos cidadáns.
Unha das condicións que se lles esixe aos beneficiarios é estar inscrito no Rexistro único de demandantes de vivenda, un trámite que se pode realizar en calquera momento do ano. A inscrición pode efectuarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada, procedemento VI428C, inscrición no RUDEVI. Tamén pode solicitarse información nas propias oficinas do IGVS. As solicitudes poden presentarse opcionalmente por medios electrónicos ou de xeito presencial a través de cita previa.