OurenseÚltima hora

Entréganse os IV Premios de Investigación do Colexio de Economistas-Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense

O acto contaba coa asistencia do presidente da Deputación de Ourense quen remarcou a relevancia destes galardóns

 

Foto de familia de premiados e autoridades.

Na Aula Magna “José Ángel Valente” do campus ourensán tiña lugar na mañá do 20 de novembro o acto de entrega dos VI Premios de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense – Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense.

O primeiro premio no Grao en ADE foi para Roberto Graña Álvarez polo traballo “La distribución de la renta en España durante el siglo XXI. Un estudio comparado”, e os accésit neste grao foron para Anabel Manso Santos por “Estudio de la relación entre coste de producción, precio e venta y calidad percibida del vino”, y para María López García por “Análisis de la presencia de la mujer en los consejos de administración de las empresas familiares”.

No que atinxe ao Grao en Turismo o primeiro premio foi para Sara Lusquiños Hermida polo traballo “Turismo científico: os recursos naturais científicos na provincia de Ourense”, sendo o accésit nesta apartado para Yésica Pallas Cancela por “Accesibilidade nos recursos turísticos de Ourense”.

 

Esther de Blas, Manuel Baltar e Guillermo Díez, durante o acto.

 

O acto contaba coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, da vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas; da decana da facultade de Empresariais e Turismo, Elena Rivo; do decano do Colexio de Economistas, Guillermo Díez, e do director xeral do Grupo Cuevas, Artur Yuste, quen ofreceu un relatorio sobre a súa experiencia nesta compañía do sector agraolimentario e de distribución. O presidente do goberno provincial remarcou a importancia destes premios, “que unen talento e formación, e cuxos traballos premiados son un excelente exemplo para posicionar a Ourense no ámbito humano, técnico e dos recursos endóxenos”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button