Preto dunha vintena de rapaces de diferentes idades, asistían na tarde deste venres 6 de decembro a unha entretida xornada de portas abertas de orientación, na área recreativa O Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras.
Guiados por Pablo Aller, do Club Our-O, os rapaces buscaban sobre un mapa, pistas para resolver o quebracabezas proposto.
Esta actividade de aproximación á orientación contou coa colaboración do Concello de Vilamartín, da Deputación de Ourense, da Xunta de Galicia (Deporte Galego) e o Club Our-O.
Fotos cedidas.