
Un total de oito adegas abrirán as portas o sábado 1 de marzo en Biobra (Rubiá) para celebrar o seu ‘Entroido Bodegueiro’.
A partir das 17:30 horas haberá xogos infantís e xa cara as 19 horas comezará a ruta saíndo da nave de festas ao son do Folión de Petín. A entrada (máis cunca) custa 10 euros e sortearase un xamón e tamén esperan contar cos Viticultores de Vilamartín.




