ConcellosMonterreiÚltima horaViana do Bolo

“Entroido. Mobiliario vestido” de Piquico, un adianto da festa no Castelo de Monterrei

Esta exposición, que se inaugurará o 31 de outubro, poderá verse ao longo de novembro na Sala expositiva Hospital da Trindade

 

Madeira, de varios tipos, e pedra, mármore ou granito. Son os materiais creativos dos que parte o artista vianés Ángel Manuel Rodríguez Romero “Piquico” na súa nova e interesante exposición “Entroido. Mobiliario vestido”, que inclúe principalmente escultura, pero tamén algunha pintura. Abrirase ao público o 31 de outubro no Hospital da Trinidade de Monterrei e poderá visitarse ao longo do mes novembro. O horario da mesma será de 10:30 a 18:30 de mércores a domingo, pasando pola oficina de turismo de Monterrei.

A obra escultórica deste artista homenaxe ás figuras de diferentes Entroidos. As súas esculturas van vestidas coma se fosen mobiliario, xa sexa andel, armario ou lámpada, con motivos de “entroido”, que son presentados de forma simbolica ou anecdótica, como espello do sentir desta festa. O creador vianés conxunga o atávico e o moderno: dende o Boteiro e a Mula vianesas  e a Pantalla de Xinzo de Limia, ata o Peliqueiro, o Cigarrón, a Madama de Cobres, Cabalo dos xenerais da Ulla…

 

 

“As obras son figurativas, nas que interesa a expresividade, a masa descuberta, a forma e a anatomía. Son sobre todo obras orgánicas, xogando a vez co contraste da xeometría do mobiliario. O cubismo e a idea do corte, do ensamble, do bloque, ou do desbaste. Mostrase dende o mais duro o mais blando ou o mais áspero, xogando co cor ou a textura provocados polas ferramentas e a forma”, explica Piquico.

 

 

O tamaño das esculturas vai desde os cincuenta centímetros aos cinco metros de altura. Na súa elaboración Piquico recorría ao método de desbaste dos materiais “deixando que a forma orgánico natural sexa a que predomine; método de ensamble das formas xeométricas, con obras cun deseño previo que son, posteriormente desbastadas; método de transformación do mobiliario”, adaptándoo ás formas que quere o artista; e, por último método de tratamento automático, onde se deixa man libre para que salga o que queira saír sen idea previa.

 

Piquico é un artista recoñecido a nivel nacional que levou a cabo exposicións e actividades artísticas relacionadas co mundo e a cultura do entroido relacionadas coas súas raíces nas terras de Viana do Bolo.

A exposición “Entroido. Mobiliario vestido” poderá ser gozada no espazo expositivo do Hospital da Trindade, dentro da acrópole de Monterrei, desde a súa inaguración, na tarde do 31 de outubro ata finais do mes de novembro.

Fotos: Piquico.

 

Artigos relacionados

Back to top button