SanidadeÚltima hora

A EOXI de Ourense manterá o mesmo número de camas no verán ca o pasado ano

O verán pasado o CHUO alcanzou o 85% de ocupación.

Dende a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense informaron que se manterá este ano a mesma porcentaxe de camas funcionantes, durante o verán, que o pasado ano, período no que non se superou o 85% de ocupación das camas habilitadas, “polo que esta medida garante a correcta xestión de ingresos, cun amplo marxe de capacidade, tendo en conta, que é modificable en función das necesidades”, din dende o SERGAS.

A adecuación de recursos asistenciais no período estival é unha práctica habitual en todos os hospitais da contorna, din, pola necesidade de adaptar estes á diminución da ocupación. Este axuste é debido ao menor número de ingresos e diminución da actividade cirúrxica programada.

Asemade, aseguran que permite tamén conciliar as necesidades de persoal coa actividade real, facilitando o cumprimento do calendario vacacional dos profesionais, nas datas con maior demanda de libranzas, concentrando así súa presenza en períodos de maior presión asistencial e ingresos.

Como se lle comunicou hoxe aos representantes sindicais, tras a súa  avaliación cos responsables dos diferentes servizos, a reordenación  asistencial adáptase á porcentaxe de ocupación histórica en verán, nos que a actividade redúcese entre un 15 e un 30%, polo que, cun amplo marxe de previsión, a Xerencia de Xestión Integrada manterá operativas neste periodo o 87% das camas no CHUO, o 75% en Verín e 86% do Comarcal de Valdeorras, cifran dende o CHUO

Asemade, para facer máis funcional esta medida, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense teñen o plan de adecuación asistencial que prioriza a hospitalización no edificio Cristal, permitindo así dispoñer dunha alta capacidade de ingreso neste centro, axilizando os ingresos urxentes, ao reducir traslados en ambulancia ata o Sta. María Nai.

Artigos relacionados

Back to top button