EconomíaEconomíaÚltima hora

Equidade laboral e competitividade, eixos dunha xornada no Barco

 

Para que no rural haxa empresas “son necesarias certas condicións, por exemplo, un bo acceso as comunicacións virtuais, dese xeito as cousas poderían mellorar substancialmente. O rural ten moito futuro, incluso con empresas non vinculadas necesariamente á terra. E aí si que as mulleres teñen un papel fundamental”. Así o aseguraba Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia, na apertura da xornada-coloquio “A equidade laboral e a súa relación coa competitividade”, que se celebraba a partir das 12:15h. deste xoves 14 de novembro na Casa Grande de Viloira (O Barco).

No acto inaugural Carla Reyes estaba acompañada polo xefe territorial da Consellería de Economía en Ourense, Santiago Álvarez, e pola presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Araceli Fernández, quen agradeceu que se tivese incluído a Valdeorras nesta xornada, que se está a impartir en diversos puntos de Galicia, e aludíu á importancia da igualdade de xénero no ámbito laboral, á necesidade de impulsar a conciliación laboral e familiar e de desenvolver plans de igualdade, xunto con medidas tendentes a favorecer a equidade laboral.

 

 

A primeira das sesións do programa corría a cargo de Anabel Díaz, directora de IDAE Consultores, quen falaba sobre “Medidas que impulsan a equidade laboral e a competitividade empresarial” e, seguidamente, Marian Sales Pérez, coordinadora de sistemas de xestión da empresa valdeorresa Acoval, amosaba esta experiencia empresarial. O peche da xornada viña da man de Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia.

Esta xornada foi organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración coa Asociación de Executivas de Galicia e coa Secretaría Xeral de Emprego de la Xunta de Galicia.

Foto: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button