Deportes

O equipo sénior do CV Ourense cae 2-3 ante o Fuenlabrada

A vindeira semana o Hemisferios volverá xogar en casa contra o último clasificado, o Universidad de León

O “Hemisferios Ribeira Sacra”, equipo sénior do Club Voleibol Ourense perdía na mañá do domingo 18 de febreiro en casa, na pista de O Pompeo ante o Voleibol Fuenlabrada de Madrid. Tal como explican dende o club ourensán, as súas xogadoras entraron “moi frías ao partido e alternaron grandes fallos tanto no saque como na  recepción do balón o que fixo máis sinxelo o xogo das madrileñas que conseguiron os dous primeiros sets con relativa facilidade”.

No terceiro, as ourensás empezaron a despregar xogadas de grande calidade, o que fixo que o público asistente apoiara para intentar conseguir a remontada. O cuarto set foi algo máis disputado pero o Hemisferios “soubo manter a tranquilidade nos momentos decisivos e volveu ganar cun excelente xogo para lograr o empate no marcador”.

Con todo, o set definitivo empezou mal para o equipo local xa que o Fuenlabrada púxose cun 0-7 rapidamente para acabar ganando por 9 a 15 e conseguir a vitoria por 2-3.

Malia a derrota o Hemisferios sumou un nuevo punto que o sitúa nunha cómoda sexta posición na liga con posibilidades de seguir escalando na clasificación no que resta de liga. A próxima semana as ourensás xogan novamente en O Pompeo e recibirán ao último clasificado, Universidad de León.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button