DeportesEn portadaFútbolGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Equipos valdeorreses, no palmarés do Torneo de Fútbol 7 “Perullo Cup”, no Barco

Nel competían, do 7 ao 11 de xuño no Campiño de Viloira, 43 equipos en seis categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil

 

Con numeroso público, moi bo ambiente tanto dentro como fóra do campo e máis de 40 equipos en competición (entre as categorías xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín e prebenxamín) desenvolvíase ao longo de 4 xornadas o Torneo de Fútbol 7 “Valdeorras Perullo Cup 2023”, no Campiño de Viloira (O Barco).

As primeiras semifinais e finais xogábanse na tarde do sábado 10 de xuño nas categorías benxamín, alevín e xuvenil. E con elas chegaban os primeiros resultados do torneo. Así en benxamín o ganador era o CD Barco A, que se impoñía na final ao CD Barco B (segundo), sendo a terceira clasificada a S.D. Ponferradina e o cuarto o Atlético Bierzo.

No referente aos alevíns, o equipo vencedor do torneo era o CD Rúa, mentres que o Atlético Sil proclamábase subcampión, a S.D. Ponferradina terceira e a S.D. Sarriana cuarta. E en categoría xuvenil impoñíanse Os Roñosos, que vencían na final ao CD Córgomo (2º), mentres que os Leones de Montepinar quedaban terceiros e o CF Monforte cuarto.

 

 

Había que agardar ata a tardiña do domingo para coñecer aos mellores clasificados das categorías prebenxamín, infantil e cadete. No caso dos prebenxamíns o equipo ganador era o CD Barco, en segundo lugar situábase o Atlético Bierzo, a S.D. Ponferradina era terceira e o CD Cuatrovientos cuarto.

 

 

En categoría infantil o club que se facía co título do torneo era a SD Ponferradina, en segundo lugar clasificábase o Atlético Bierzo, no terceiro o CD Rúa e no cuarto o Ponfesala. E, finalmente, en cadetes proclamábase ganador o Palominos Pelados, o segundo posto correspondíalle ao CF Monforte, o terceiro a Los Bad Pijines e o cuarto ao Antaneta.

 

 

Dende a organización deste torneo, en mans do CD Barco, faise unha valoración moi positiva da competición con ata 43 equipos de Valdeorras, pero tamén doutras zonas próximas como Monforte de Lemos ou a veciña comarca do Bierzo. Foron catro intensas xornadas de fútbol 7, convivencia deportiva e emoción que remataba na noite deste domingo coa entrega de trofeos aos mellores clasificados.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button