DeportesÚltima hora

Eros e Marcos, do Trevinca Barco, campións galegos de orientación

Os orientadores barquenses reinaron na categoría H-21A nas distancias sprint e media
Marcos Álvarez e Eros Mata no campionato.
Marcos Álvarez e Eros Mata no campionato.

Varios e importantes logros conseguía a delegación ourensá nos campionatos galegos de orientación celebrados o 13 de febreiro en Ferrol nas modalidades de distancia media (San Xurxo) e sprint (Caranza).

Por unha banda, Martín Morales (A.D. Limiactiva) alzábase coa 3ª posición na categoría elite na distancia sprint. E por outra, os novísimos Eros Mata e Marcos Álvarez (Peña Trevinca Barco) proclamábanse campións na categoría H-21A (sénior) na distancia sprint e na distancia media respectivamente. Entre as mulleres, Irene Morales conseguía a 2ª praza tanto na distancia media como na sprint (categoría F-21A, sénior).

Irene Morales e Marcos Álvarez entre os premiados.
Irene Morales e Marcos Álvarez entre os premiados.

Dende a Federación Galega de Orientación destacan asemade “a grande actuación nas categorías de formación”, con catro primeiros postos para Marcos Álvarez (Trevinca) en iniciación curta da distancia media; Martina Aller (Trevinca) en iniciación curta da sprint; Joao Morales (Limiactiva) en M-12 sprint; e Eros Mata (Trevinca) en M-21A sprint.

Tamén houbo catro segundos postos: Mailén Aller (Trevinca) en iniciación curta e Alba Osorio (Trevinca) en F-16, en distancia media; e Irene Morales (Limiactiva) en F-21A e Iago Trigo (Trevinca) en M-14, en sprint. Completan os resultados, cinco terceiros postos, un quinto, un sexto, dous sétimos e un décimo.

Artigos relacionados

Back to top button