
Co obxectivo de “manter vivo o espírito do Día das Letras galegas en Córgomo e recuperar o arte de contar historias”, celebrarase un obradoiro de narración oral na Casa do Pobo.
Será do 13 ao 16 de maio (de 19 a 21 horas) a cargo de Anxo Baranga, membro de Furafollas Agrupación Teatral. Está aberto a todo aquel que se queira apuntar de toda Valdeorras ou de fóra “dende os 9 ata os 99 anos e non é necesario ter feito teatro previamente nin será necesario memorizar textos”, explican dende a organización.
As inscricións (máximo de 12 persoas) están abertas no correo electrónico: corgomuru@gmail.com.