A RúaConcellosÚltima hora

Esgotadas as 900 entradas postas á venda para a XIV Festa do Codillo da Rúa

 

Igual que pasou no Barco coas do Botelo, na mañá deste domingo 22 de xaneiro o punto de venda (a Casa da Cultura) de entradas para a XIV Festa do Codillo da Rúa, pechaba menos dunha hora despois de abrir con “todas as entradas vendidas”, un total de 900.

Ante esta resposta por parte da poboación, dende o Concello informan de que “para o caso de posibles devolucións de entradas ou no suposto de lograr habilitar algunhas prazas a maiores”, quen o desexe pode anotarte na lista de agarda dende as 8h horas de mañá, luns 23 de xaneiro, acudindo ao Concello ou chamando ao 988 31 01 16.

Artigos relacionados

Back to top button