ConcellosPetínÚltima hora

Esgotadas as entradas para a XXII Festa da Freba de Petín

Asistentes á anterior Festa da Freba de Petín./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na mañá deste xoves 30 de novembro, pouco máis dunha semana despois de poñerse á venda, esgotábanse as entrada para a XXII Festa da Freba de Petín que se celebrará o sábado 9 de decembro.

Tal como adianta a alcaldesa Raquel Bautista, vendéronse 500 entradas. E esas serán as persoas que degustarán un menú a base de consomé con picatostes e ovo cocido; chourizo cocido con cachelos; e frebas de porco á grella (ademais de viño, postre, licores e café).

Ese día tamén haberá unha homenaxe e música.

Artigos relacionados

Back to top button