ConcellosO BarcoÚltima hora

Esgotadas en menos de dúas horas as entradas para a XXI Festa do Botelo do Barco

 

Tal como estaba previsto e malia a suba de dous euros con respecto á última edición, as entradas para a XXI Festa do Botelo do Barco esgotábanse en menos de dúas horas.

Antes das seis da mañá deste sábado 14 de xaneiro comezaba a xente a poñerse na cola para pedir número no Teatro Lauro Olmo e tal como asegura o encargado de entregalos, ás 7:35 horas xa os dera todos.

Para amenizar a espera ata as 9 horas, cando realmente se poñían á venda as entradas, houbo unha proxección no cine.

 

 

Fotos: Paco Bao.

Artigos relacionados

Back to top button