En portadaEntroido 2023Última horaVídeos

Espectacular e multitudinario desfile no Domingo Gordo, en Viana do Bolo

 

Un total de 21 fulións e dúas comparsas participaban na mañá deste 19 de febreiro, no desfile do Domingo Gordo en Viana do Bolo.

Un desfile que comezaba pasadas as once e media co Folión do Tameirón e remataba pasadas as tres da tarde co apoteósico Alternativo. E entre medias, seguidos por unha marea de público e fotógrafos percorrían as rúas e praza de Viana os folións de Grixoa, Fornelo de Filloás, Cabo da Vila, Bembibre, Quintela do Pando, Quintela de Edroso, As Carrelas, Santa Mariña, Punxeiro, Penouta, Fornelos de Cova, Buxán, Vilariño de Conso, A Veiga, Mormentelos, Os Arrieiros de Petín, Os Labregos de Trives, Vilarmeao e Fradelo. Tamén houbo unha comparsa e a tradicional carroza de Fradelo.

 

 

Ademais do toque de cada fulión, durante o percorrido e de forma moi especial na praza Maior onde agardaba un maior número de público, os Boteiros e Mázcaras abrían paso dando cor e intensidade á festa.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

O Fulión de Mormentelos (Vilariño de Conso)./ Cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button