CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Espectacular e terrorífico Samaín na Rúa Vella, a pesar da auga e do vento

 

Na Rúa Vella seguen superándose na organización de eventos e actividades para os máis xoves. Así o demostraban na tarde deste sábado 4 de novembro cunha nova e espectacular edición do Samaín que reunía a preto de 300 cativos, entre as dúas sesións (infantil e xuvenil) a pesar da borrasca.

 

 

Estiveron a piques de suspendelo dada a meteoroloxía adversa que prevía intensa chuvia e fortes refachos de aire pero finalmente decidían mantelo e pasadas as catro e media da tarde, entre chuvia e algún raio de sol, comezaba un divertido e terrorífico percorrido polas rúas do pobo disfrazados cos máis siniestros disfraces, xogando e recibindo lambetadas. Para conseguilo, os cativos tiñan que seguir o mapa elaborado pola organización “e ter moito coidado coas meigas, pantasmas e zombies que podes atopar no  camiño”. E así o facían.

 

 

 

Con saída dende o adro da igrexa de Santo Estevo e tras recibir o mapa, distribuídos en grupos os pequenos seguían as indicacións, visitando as casas colaboradoras dende as urbanizacións A Cegoña ou Fondo da Rúa, ata a rúa Fondareas, As Guindeiras ou a praza do Forno. E entre medias, meigas, túnel do terror, a morgue, un laborario, unha botica,…

 

 

Protección Civil da Rúa participaba un ano máis na actividade, axudando aos cativos. O final de festa para o pase infantil chegaba con chocolate antes de dar comezo ao segundo pase, para os máis maiores. Unha tarde de diversión entre sustos, auga, vento e lambetadas.

 

 

Fotos e vídeos Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button