
Entre as numerosas actividades organizadas polo Concello de Quiroga para este derradeiro trimestre do ano, e con motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas; este sábado, día 22 de outubro, ás 19:00 h., a Casa da Cultura acollerá o espectáculo de animación infantil , “Caderno de cores e cancións”, a cargo do valdeorrés Magín Blanco.
Nesta función, para todos os públicos, farase un recorrido pola creación musical e literaria polas cancións, construíndo un universo que permitirá xogar con elementos como as melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.
Esta actividade está subvencionada pola Secretaría Xeral de Cultura a través do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia no que participa o Concello de Quiroga.