DeportesÚltima hora

Esquiou 2015, na estación de montaña de Manzaneda

A participación total neste programa, que se prolongará ata marzo, incluirá a uns 735 rapaces
O presidente da Deputación na estación de Manzaneda, cos participantes no programa "Esquiou 2015".
O presidente da Deputación na estación de Manzaneda, cos participantes no programa “Esquiou 2015”.

A promoción da práctica do esquí entre nenos da provincia de Ourense. É a finalidade do programa “Esquiou 2015”, que comezaba en decembro e que se desenvolverá ata o mes de marzo na Estación de Montaña de Manzaneda. A iniciativa, promovida pola Deputación de Ourense e por Oca Nova Manzaneda,está dirixida a rapaces de entre 9 e 12 anos

Inclúe dúas noites de aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias. A duración de cada quenda do programa é de tres días, de luns a mércores, e os interesados deben aboar unha cota de 29 euros.

A participación abrangue un total de 735 participantes, divididos en 7 grupos de 105 persoas por quenda. O reparto faise por proximidade xeográfica para conseguir grupos máis homoxéneos e nos que poden estar rapaces e rapazas que xa se coñecen previamente, facilitando a integración e a convivencia. No caso de non cubrirse todas as prazas nunha quenda e haber demandantes en espera doutras comarcas, iranse reasignando por orde de inscrición.

Na mañá do 10 de febreiro, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitaba as instalacións da estación e aos participantes neste programa de actividades de inverno. No seu percorrido, estivo acompañado pola director da estación, Gustavo Sanmartín

Artigos relacionados

Back to top button