ConcellosSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

Esta semana comezan os traballos de roza e limpeza na OU-536 ao seu paso por concellos como San Xoán de Río ou A Pobra deTrives

 

A Xunta comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas ao paso polas provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense.

No caso concreto da provincia de Ourense serán na estrada OU-150, no municipio de Ourense; e na OU-536 no seu percorrido polos concellos de Ourense, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Castro Caldelas, San Xoán de Río e A Pobra de Trives.

Ademais continuarán as tarefas nas estradas OU-540, nos municipios de Ourense e de Lobios; e na OU-531, ao seu paso polos concellos de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, A Bola, Celanova, Ramirás, Gomesende e Cortegada.

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos; e consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

Artigos relacionados

Back to top button