A RúaConcellosO BarcoÚltima horaVilamartín

Estabilidade nas cifras do Covid en Valdeorras

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Mantéñense nesta xornada as cifras dos casos activos do coronavirus en Valdeorras. Neste mércores 9 de xuño a comarca mantén 24 casos activos, os mesmos que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

No Barco contabilízanse 19 positivos, cunha incidencia acumulada que para este concello é de >25 e ≤75 a sete días; e de >50 e ≤150 a catorce días. Ademais Carballeda de Valdeorras ten 1 positivo, mentres que A Rúa e en Vilamartín de Valdeorras continúan, cada un deles, con 2 positivos. O resto dos concellos da comarca seguen libres de virus.

3 positivos nos centros educativos

Tamén se repiten os datos de onte ns centros educativos da comarca de Valdeorras, con 3 casos activos de Covid. No Barco só queda 1 positivo no CEIP Condesa de Fenosa e na Rúa o CEIP Manuel Respino conta con 1 positivo e o IES Cosme López tamén con 1 positivo, segundo o listado da Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button