
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, quedou estabilizado ás 21.28 horas de hoxe.
O lume iniciouse ás 14.56 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 850 hectáreas, segundo os datos de Medio Rural. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 5 técnicos, 30 axentes, 45 brigadas, 32 motobombas, 4 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 4 avións.