ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Estabilizado o incendio de Chaguazoso (Vilariño de Conso) que afecta a unhas 360 hectáreas

Incendio en Chaguazoso, Vilariño de Conso./ Foto: @BrifLaza.

 

En torno ás 12:07 horas deste venres 13 de outubro quedaba estabilizado o incendio forestal de Chaguazoso, no municipio de Vilariño de Conso, que segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural afecta a unhas 360 hectáreas de superficie. Os medios mobilizados para o mesmo son 5 axentes, 8 brigadas, 4 moto bombas, e 2 pas.

Ademais, ás 9:15 horas da mañá quedaba extinguido outro incendio en Nieva (Avión) que afectou a unha superficie de  73,43 hectáreas (59,73 de monte raso e 13,7 de arborado); e ás 13:26 horas facíao o de Parada (Lobeira) que afectaba a 110,69 hectáreas (80,69 de monte raso e 30 de arborado) no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, segundo os datos da Consellería.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button