Cidade das BurgasDeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

Estrellas Galiza, campión do II Torneo Futsal Vila do Barco Feminino

O Cidade de As Burgas FS era subcampión, o Rúa Valdeorras Futsal terceiro e o Vianariño cuarto

 

Aínda que é masculino, o Torneo Futsal Vila do Barco que vén de rematar, inclúe unha competición feminina e este ano tamén unha de categorías base. A dos pequenos tiña lugar o venres como previa; e a das mulleres na xornada de clausura, este domingo 6 de xullo coa participación de catro equipos, un de Valdeorras, outro de Viana do Bolo e dous de Ourense, un formado por xogadoras de diferentes equipos, entre as que figuraban Vera (do Barco e xogadora do Ourense OnTime) e Candela, xogadora do Poio Pescamar de Primeira División Feminina de Fútol Sala. Formada no Cidade de As Burgas FS, xogou co Viaxes Amarelle e co Ourense OnTime, sendo internacional coa selección Española Absoluta.

 

 

Pola mañá disputábanse os partidos entre o Vianariño FS e o Estrellas Galiza que vencían as segundas; e Rúa Valdeorras Futsal contra Cidade de As Burgas FS que vencían as ourensás de Manolo Codeso. E xa pola tarde tiña lugar a gran final, resultando vencedor desta II edición do torneo o equipo Estrelas Galiza. O Cidade era subcampión, o Rúa Valdeorras terceiro e o Vianariño cuarto.

 

 

A entrega de premios, trala final masculina, con sorteo de agasallos incluída, corría por parte de dúas xogadoras ourensás, Candela Soria e Sonia Pazos.

Fotos: Mónica G. Bellver/ Carlos G. Hervella.

Back to top button