ConcellosNogueira de RamuínÚltima hora

Evacuada unha persoa ferida nunha zona de difícil acceso en Nogueira de Ramuín

 

Na tarde deste xoves 5 de setembro os servizos de emerxencia colaboraban na evacuación dunha persoa que sufrira unha lesión en Nogueira de Ramuín.

Tal como indican dende o 112 Galicia, o ferido estaba facendo unha ruta cando se mancou no nocello, recivindo o aviso do incidente a través da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Nogueira, “logo de que un particular chamase para informar de que unha persoa quedara mancada no nocello, preto do parador de Santo Estevo”. Ademais, o alertador indicaba que “non cría que a ambulancia puidera acceder ata o lugar, como moito achegarse ata uns dous quilómetros do punto”.

Con esta información desde o 112 Galicia solicitaban a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de San Cibrao. Tamén foron informados o GES de Pereiro e a Garda Civil de Ourense. “Un membro de Protección Civil conseguiu chegar ata o ferido, o que permitiu facilitar a súa localización”, explican dende o 112, engadindo que os Bombeiros tamén acudían ata o lugar, aínda que non chegaron a intervir. “A persoa estaba xa na ambulancia logo de que fose axudada por outra xente que realizaba a ruta”, conclñuen.

Artigos relacionados

Back to top button