ConcellosParada de SilÚltima hora

Evacuada unha persoa tras sufrir unha caída mentres facía unha ruta en Parada de Sil

Operativo para a evacuación da persoa ferida./ Foto: Protección Civil de Parada de Sil.

 

Unha persoa que facía a ruta do río Mao, en San Lourenzo de Barxacova (Parada de Sil), sufría preto das 13h. deste sábado unha caída que lle impedía continuar o percorrido, segundo informa o 112 Galicia. “O lugar onde ocorreron os feitos era moi complexo para acceder o vehículo sanitario, por iso, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dez minutos antes das 13:00 horas de hoxe, contactaba co 112 Galicia para solicitar axuda para o rescate da persoa”, indican dende esta entidade.

Así, foi nese intre cando os xestores de emerxencias informaron do acontecido ao GES de Castro Caldelas, aos efectivos de Protección Civil de Parada de Sil.

Unha vez no punto, os membros do GES informaron ao 112 Galicia de que, xunto co persoal sanitario e co apoio dos voluntarios de Protección Civil rescataban á persoa, evacuárona nunha padiola ata o lugar onde a ambulancia a agardaba para, finalmente, ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button