
Na tarde deste sábado 11 de abril un home resultaba “ferido de consideración tras ser golpeado pola pinza dunha grúa que realizaba labores forestais no concello de Bande”, explican dende o 112 Galicia indicando que o suceso tiñao lugar arredor das 17:15 horas na marxe da estrada OU-540, á altura do quilómetro 50, na parroquia de Santa Comba.
“O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente a través da chamada do condutor da máquina, quen explicou que, mentres realizaba unha manobra de marcha atrás, golpeara accidentalmente á vítima”, explican, asegurando que desde a sala de operacións pasaban o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxos profesionais determinaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.
“Tras ser asistido no punto polos equipos sanitarios, o home foi evacuado na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña”, din dende o Axega, explicando que “para garantir a seguridade na zona e colaborar nas tarefas de evacuación, o 112 Galicia tamén solicitou a intervención dos membros do GES de Muíños, dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade”.