ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Evacuado en helicóptero un operario ferido no concello de Viana do Bolo

 

Na tarde deste xoves 1 de decembro “resultaba ferido de consideración un operario na mina de Penouta, no concello de Viana do Bolo, ao caerlle un tubo enriba”, tal como informan dende o 112 Galicia.

Os feitos tiñan lugar uns minutos despois das 16:15 horas, momento no que o 112 recibía o aviso da situación do operario a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado, “no que o ferido era evacuado a un centro hospitalario”, din dende o 112, engadindo que “nada máis ter coñecemento do accidente laboral, requiriuse a intervención dos axentes da Garda Civil e do GES da Veiga. Ademais, informouse aos Bombeiros de San Cibrao das Viñas e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Viana do Bolo”, puntualizan.

Artigos relacionados

Back to top button