ConcellosManzanedaÚltima hora

Evacuado en helicóptero un veciño de Manzaneda tras sufrir un accidente con maquinaria agrícola

 

Arredor das 13:30h. deste 6 de xaneiro un home resultaba ferido ao cravarse nunha perna a punta da máquina coa que recollía rolos de herba nunha finca do lugar de Cimadevila, na parroquia de San Martiño de Manzaneda, segundo informa o 112 Galicia, que recibía a alerta do accidente a través dunha persoa particular.

De xeito inmediato, ata o lugar acudiron, tras ser alertados polo 112 Galicia, “os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, os axentes da Garda Civil e os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron un helicóptero medicalizado no que o home foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, despois de que os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda liberasen ao ferido, cortando a punta de ferro da máquina cunha radial”, segundo informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button