CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

Evelina Hervella, o vencello valdeorrés de Francisco Fernández del Riego

Na edición en papel do Especial Letras Galegas de O SIL, coa que celebramos o 17 de maio, abordamos a figura deste polígrafo e da súa dona, natural do Barco

 

No marco da celebración das Letras Galegas, o Periódico O SIL publica co seu número mensual de maio un monográfico adicado a Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado neste 17 de maio. Son 16 páxinas nas que ademais de abordar a traxectoria vital, literaria e cultural deste polígrafo (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo , 2010), tamén poñemos o foco no vencello deste autor con Valdeorras, a súa dona, Evelina Hervella Nieto, natural do Barco, así como a diversa programación da provincia para celebrar esta data central da lingua e literatura galega.

Tamén incluímos unha entrevista realizada por O SIL a Fernández del Riego, momento no que ocupaba a presidencia da Real Academia Galega. Nela tamén comentaba a súa relación coa comarca, onde casaba e tiña pasado tempadas de descanso.

Outra vinculación do homenaxeado co Barco viña da man do seu amigo, o profesor Enrique Gil Pérez, con quen coincidira mentres facía o servizo militar en diferentes lugares da xeografía española, entre eles Teruel, tal e como ten recollido o historiador Ricardo Gurriarán. Fernández del Riego era ademais padriño do fillo de Enrique Gil.

Artigos relacionados

Back to top button