SanidadeÚltima hora

Evento solidario a beneficio da AECC, o 9 de marzo na Portela de Portomourisco

Está organizado pola Asociación A Rabiosa e terá lugar a partir das 20:30 horas na praza

Membros da Asociación A Rabiosa da Portela./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A solidariedade da Asociación A Rabiosa da Portela (Larouco-Petín) non ten límites, sempre colaborando con diferentes colectivos. E así o demostran unha vez máis coa organización dun concerto solidario previsto para o vindeiro sábado 9 de marzo e cuxa recadación será a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro.

O evento, presentado por Moncho, comezará ás 20:30 horas na praza da Portela de Portomourisco e haberá música, humor, maxia, baile… Entre os artistas convidados están o Mago Deime, a Coral Santa Rita, o Grupo Coloso Cósmico, Manu y Deborah (baile latino), Folión, Puga, Nerea, Lucía Samoelle, Mari, Valentina, Mulleres do Pobo, a Banda de Gaitas do Bolo, o Mago Huguiño, Uxía,… Ademais de moitas sorpresas e a lectura dun manifesto por parte da escritora valdeorresa Mencía Yano.

A entrada anticipada custa 5 euros e xa está á venda nos seguintes puntos: Valhalla (A Rúa), Bar Pitón (Petín), Volobriga (O Bolo), Café Bar Larouco, Fernando III (O Barco) e Bar Feixido. Tamén na Asociación Contra o Cancro e Mama de Ourense e a través dos membros da Asoaciación A Rabiosa.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button