Na pasada noite, unha persoa tiña que ser excarcerada polos Bombeiros do Carballiño, tras quedar atrapada no interior do vehículo despois de envorcar ao saírse da vía.
O accidente tiña lugar sobre as 23 horas deste venres 22 de abril na N-540, en Orbán, no concello de Vilamarín (Ourense). “A esa hora, un particular pedía axuda ao 112 Galicia indicando que un coche saírase da vía ao pasar o lugar de Pitón, nas curvas, dirección Lugo e que o condutor estaba no seu interior boca abaixo, enganchado co cinto de seguridade”, explican dende o 112 que inmediatamente avisaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade.
Unha vez liberado polos profesionais de excarceración, o ferido era evacuado polos servizos sanitarios de urxencia.