EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeos

eXclusivo inaugura a súa tenda online, dende o Barco de Valdeorras para o mundo

eXclusivoShop.es abríase hai apenas sete días coincidindo co 9º aniversario da tenda física na rúa da Estación

Patri e Paco na tenda o día do aniversario.

 

O pasado martes, 14 de abril, PC Red eXclusivo celebraba na rúa da Estación, no Barco de valdeorras o seu 9º aniversario. E foi unha data moi especial. Non só por facer case dez anos que entraba a formar parte do tecido comercial e social de Valdeorras, senón porque o facía en pleno estado de alarma polo Covid-19 e coa inauguración da tenda online.

eXclusivoShop.es levaba xestándose xa tres anos pero o ritmo frenético do día a día, as compras, as vendas, as consultas,… impediron o seu desenvolvemento. Ata agora. “Aproveitamos este tempo de confinamento para poñela en marcha”, explica José Francisco Rodríguez, Paco, asegurando que se trata dun proxecto moi ambicioso que en menos de 7 días en activo xa registrou “máis de 3.500 clientes (máis de cen diarios) e máis de 700 pedidos finalizados”, di, recoñecendo que malia ser bastante coñecidos na zona sorprendéronse coa boa acollida que tivo a web.

 

Cartel do 9º aniversario de eXclusivo no Barco.

 

En www.exclusivoshop.es pódense atopar miles de produtos relacionados co mundo dixital, telefonía, electrodomésticos, papelería e moitos agasallos. “Incluso podes imprimir fotografías online que posteriormente recibirás… Digamos que é a nosa tenda física ao grande”, comenta Paco, asegurando que os metros cadrados que lles faltan no Barco conseguíronos na rede, ofrecendo ademais un servizo único de envío en 24 horas a calquera parte do ámbito nacional.

 

Apartado adicado ao Día da Nai.

 

Capaces de competir con plataformas como Amazon, en eXclusivo Shop contan cun gran despliegue de productos en stock, con asesoramento a través de redes sociais e servizo de mensaxería instantánea, ademais duns prezos moi competitivos e atención telefónica 12 horas ao día, “cun equipo de garantías extraordinario, que fai que as compras sexan de total confianza”, garante Paco.

 

Fachada de PC Red eXclusivo, na rúa da Estación (O Barco).

 

A maiores da gran oferta de produtos que teñen, en PC Red eXclusivo traballan moito as datas especiais como o Día do Pai, San Valentín ou o Nadal e nestes momentos están xa centrados no Día da Nai (1 de maio), que este ano será aínda máis especial coa venda na rede.

Fotos e vídeo: eXclusivo

Artigos relacionados

Back to top button