Nada mellor que despedir o curso cunha boa excursión. Así o facían un grupo de profesores e exprofesores do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras que, na xornada deste xoves 27 de xuño compartían unha ruta en plena Ribeira Sacra na que se mestura a natureza e a cultura.

Pola mañá percorrían a Pasarela Canón do Mao, no concello de Parada de Sil e pola tarde achegábanse ata Castro Caldelas visitando o casco histórico, o Santuario de Nosa Señora dos Remedios e o Castelo.

Fotos cedidas.



