ConcellosQuirogaÚltima hora

Excursión en agosto para a misa de irmandamento entre a Ermida (Quiroga) e Castro Caldelas

Imaxe do irmadamento./ Cedida.

 

Tras o irmandamento realizado entre as igrexas da Ermida (Quiroga) e de Castro Caldelas no pasado mes de abril, coa firma dun convenio entre os párrocos destas parroquias, agora organízase unha excursión a localidade caldelá para asistir a misa de irmandade entre os dous santuarios.

Coa sinatura do acordo entre as dúas igrexas comprometéronse a celebrar misas conxuntas na honra á Virxe dos Remedios coa unión das imaxes e tamén dos personaxes emblemáticos destas dúas parroquias: o Meco da Ermida e o Irrio Peliqueiro de Castro Caldelas.

O día 8 de agosto, a Virxe da Ermida visitará Castro Caldelas acompañada do Meco e as Pampórnigas e o día 12 do mesmo mes, será a Virxe de Castro Caldelas acompañada do Irrio Peliqueiro, quen visite a Ermida.

A misa en Castro Caldelas terá lugar o martes 8 de agosto ás 12:00. Pero aproveitando a viaxe visitarase a Adega Vella en Abeleda, o miradoiro das Penas de Matacás e o Castelo de Castro Caldelas.
Para a excursión que ten un prezo de 30 €, incluído o xantar, é preciso anotarse antes do 1 de agosto co párroco da Ermida, Jesús Río.

 

Artigos relacionados

Back to top button