ConcellosÚltima hora

Exemplares de Rubia Galega da Gandería Rodríguez Pérez de Bidueira (Manzaneda), na mostra da Veiga

 

Gandeiros de diversos puntos do oriente ourensán están a participar na exposición de gando que se inclúe no programa da da 2ª “Exposición Gandeira e Agrícola de Trevinca”, que se desenvolve esta fin de semana na área do Coiñedo, na Veiga.

Entre eles está Manuel Rodríguez Diéguez, veciño de Bidueira (Manzaneda), da Gandería Rodríguez Pérez. “Vimos co gando a través da Asociación de Criadores de Rubiá Galega (Acruga) e trouxemos 5 cabezas, todas de Rubiá Galega”, comentáballe ao Periódico O SIL. Tamén destacaba a docilidade desta raza, “de feito, ese touro de aí nunca foi preso, e unha das cousas boas que ten a Rubia Galega”.

 

 

Manuel Rodríguez considera moi interesante que se organicen feiras como as da pasada fin de semana en Montederramo ou a de hoxe na Veiga. “Penso que se tiñan que facer máis a miúdo porque é un tema que atrae á xente, que a chama. No caso da Veiga este é o segundo ano que se organiza e xa ves canto público hai, debería facerse con máis frecuencia ou en máis sitios”, asegura.

 

 

A Gandería Rodríguez Pérez só traballa coa raza Rubia Galega. “O prezo da carne está regular, tiña que subir bastante máis para poder cubrir custos”, comentan.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button