DeportesKárateÚltima hora

Exhibición de karate do River Stone (O Barco) no pavillón municipal de Quiroga

Falta aínda unha semana para que comecen oficialmente as clases do novo curso, pero os karatekas valdeorreses e quirgueses están xa en marcha. De feito, na mañá deste martes 30 de agosto celebrábase no pavillón municipal de Quiroga, unha exhibición de kárate organizada polo Club River Stone do Barco.

Antonio Vaqueiro Pol, coñecido por todos polo seu segundo apelido, será novo mestre desta disciplina nas Escolas Deportivas do Concello lucense e o club organizou unha pequena demostración para animar aos rapaces de Quiroga a iniciarse nesta arte marcial.

 

Pol axudando co kimono a un alumno.

 

Orquestrada e dirixida polo sensei e director técnico barquense Nicolás Rodríguez, a demostración estivo composta por karatecas competidores do club que adestraron durante as vacacións de verán para chegar a tempo a esta cita, enmarcada dentro das actividades do campamento de verán que organiza o Concello  de Quiroga.

O comezo das clases na Rúa, a cargo de Raquel Fernández Cruz será día 8 de setembro. Un días despois, o 9 comezarán no Barco, e no caso de Quiroga será en outubro, cando comecen a funcionar as escolas deportivas.

 

Un momento da exhibicion.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button