CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Exhibición de maquillaxe e caracterización no IES Lauro Olmo do Barco

A maquilladora profesional Yolanda Gómez deu vida en directo a unha "Geisha"

 

Dende 2-3 horas, os máis sinxelos ata 11, 12,… os máis complexos. É o tempo de traballo que pode levar a maquillaxe para crear un personaxe e que os alumnos de Peiteado e Imaxe Persoal do IES Lauro Olmo puderon comprobar na mañá deste venres 19 de abril da man dunha profesional.

 

 

Ao longo de dúas horas Yolanda Gómez, profesional de primeiro nivel que ten traballado como maquilladora e caracterizadora en series e películas, tranformou á modelo, Carol, nunha Geisha/ robot, explicando paso a paso as técnicas e cores empregadas para a execución da maquillaxe. “Utilizamos augacor e para o peito, unha prótese de silicona encapsulada á cal lle engadimos pezas co cal traballamos parte de maquillaxe artístico, parte de FX e tamén perruquería e vestiario para crear un personaxe completo”, explica a maquilladora que vai abrir un estudo en Ourense.

 

 

Algúns dos alumnos presentes participarán na Pasarela de Moda do Centro Comercial Aberto O Barco, o vindeiro 27 de abril, realizando a caracterización e tamén desfilando.

 

 

Máis información sobre o traballo de Yolanda Gómez no seu Instagram: @yolanda85_makeup

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas

Artigos relacionados

Back to top button