EconomíaEconomíaÚltima hora

Éxito absoluto do 1º Oktoberfest de Trives desbordando as previsións da organización

Celebrábase na fin de semana do 13 e 14 de outubro nesta vila do oriente ourensán
Ary e Aity (San Xoán de Río), na Oktoberfest de Trives.

O Venres deu comezo o primeiro Oktoberfest de Trives cun grande éxito. A pesar da fría noite, ata o recinto feiral preparado para a ocasión, desprazáronse ducias de persoas esgotando todas as existencias que tiña previstas a organización. O prato forte deste venres foi a actuación do grupo de moda en Trives “As Macizas Centrais” do que desfrutaron un cento de persoas.

O sábado, o debut da cantante de San Xoán de Río “Ary” e a actuación da solista Loro de Castro Caldelas desprazaron a moitisimo público dende as súas localidades enchendo a rebentar o recinto feiral. Unha espectacular resposta da xente a este primeiro Oktoberfest.

 

A cantante Ary (San Xoán de Río).

Primeiro, a artista con maior proxección de San Xoán de Río “Ary” coa compañía da súa amiga “Aity” sorprenderon a todos os asistentes ao Oktoberfest cunha espectacular actuación. A súa corta idade “Ary” actuou coa confianza que só os grandes artistas teñen. Somos unha terra de artistas e “Ary” é unha de elas.

A continuación, “Loro” conquistou Trives e consagrouse como unha das mellores solistas galegas. O numeroso público gozou coa espléndida voz desta artista caldelá.

 

Actuación de Loro (Castro Caldelas).

Tralos concertos a festa continuou no Disco-Pub Curvi. Todos os beneficios conseguidos neste Oktoberfest doaranse próximamente á Comisión de festas de San Xoán de Río para a organización das festas de San Xoán.

Texto: Xosé Miguel Pérez Blecua
Fotos: Loro (Castro Caldelas), Ary (San Xoán de Río) e Ary e Aiti (San Xoán de Río).

Artigos relacionados

Back to top button