ConcellosÚltima horaVídeos

Exitosa resposta e participación internacional nun concurso dos radioafeccionados de Trives, Padrón e Fene

Unhas 575 persoas tomaban parte na proposta "A Cabra tira ao monte", que se iniciaba o 10 de maio e agora vén de finalizar

 

“Resultou impresionante, tivemos participantes de toda España e países como Perú e Chile, foi unha pasada”. Con gran entusiasmo e satisfacción valoran o resultado do concurso “A Cabra tira ao monte” dende o Grupo de Radioafeccionados de Trives, un dos seus promotores xunto ao Grupo DX Tierra de Rosalía de Padrón e Radio Club Fene Alfa Charlie. Ademais activouse conxuntamente con cq Breico España.

 

 

O concurso en DMR “O diploma A Cabra tira ao monte” iniciábase o 10 de maio e estaba aberto á participación de todos os radioafeccionados que se conecten no TG e Galicia214012 e TG Cantabria 21439 e, en especial aos nenos “baixo a tutela do titular da estación de radio”.

 

 

 

Unha vez rematado o concurso, o balance non pode ser máis favorable. “O número de participación en total entre sistema dixital DMR e banda Ciudadana 27 mhz é duns 575, tanto de diferentes puntos de España como do estranxeiro”, aseguran dende a organización, que xa pensa en promover outro concurso deste tipo de cara á noite de San Xoán.

Fotos e vídeos cedidos pola organización do concurso.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button