O concello ourensán de Sandiás acollía a I xornada de montaxe de moscas, oranizada polo Club de Pesca O Peixe, na que estiveron presentes dúas tendas especializadas no mundo da pesca en xeral e da pesca a mosca en particular, así como un artesán de canas e tres montadores de moscas.

Tal como explican dende a organización, contentos co resultado desta iniciativa, os asistentes puideron ver en directo como se fan as canas, moscas e tamén baixos para a pesca a mosca a seca. “Para rematar coa xornada fixose unha exhibición de lance con cola de rata na que puido probar calquera persoa dos presentes”, aseguran facendo unha valoración moi positiva. “Para ser o primeiro ano houbo un gran numero de asistentes, dende xente que se pasou un momento para ver o mundo de este tipo de pesca ata xente que veu á primeira hora e quixo estar presente en todo durante toda a mañá”.

A xornada remataba cun xantar a base de cocido no restaurante Os Pozos en Piñeira e un sorteo no que cada un dos asistentes se fixo cun agasallo xa durante a sobremesa.
Fotos cedidas.