DeportesÚltima horaVídeos

Exitosa xornada de portas abertas do Club Arqueiros do Sil na Rúa

 

Todo un éxito de participación. Un cento de persoas, de diferentes idades, tomaban parte na xornada de portas abertas que o Club Arqueiros do Sil organizaba na tarde deste 26 de agosto no campo de tiro do Aguillón (A Rúa). Con ela pretendían dar a coñecer este deporte e tamén o labor e traxectoria deste club valdeorrés.

A actividade desenvolvíase entre as 19 e as 21h. Nela os participantes, acompañados por un monitor, tiñan a posibilidade de coller un arco e probar a tirar con el. Tamén se realizaba unha exhibición. Esta é a primeira vez que o club promove unha iniciativa deste tipo e están moi satisfeitos co resultado. Tanto que xa están pensando en repetir a xornada o vindeiro ano en sala e tamén no verán.

 

 

“Polo de agora imos preparar cursos de iniciación ao tiro con arco porque houbo moitas persoas que probaron, ás que lles gustou e que nos transmitiron o seu interese por entrar no deporte e quedarse no club”, adianta a presidenta dos Arqueiros do Sil, Cristina Delgado.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button