CulturaCulturaEn portadaMúsicaÚltima horaVídeos

Exitoso II ‘Got Talent’ da Rúa Vella nunha abarrotada praza César Conti

 

Máis exitoso se cabe que na primeira edición, en canto a participacion e tamén público, resultaba o II ‘Got Talent’ da Rúa Vella que na noite do xoves 17 de agosto abarrotaba a praza César Conti, no marco das Festas de San Roque 2023, organizadas pola Asociación Sabugueiro.

Coma se do concurso de Tele5 se tratara, David Pérez meteuse unha vez máis no papel de presentador, dando paso fóra de concurso a unha espectacular ABBA que poñía en pé ao público ao ritmo de Mamma mía. A partir de aí foron pasando polo escenario os participantes, mozos do Bierzo, da Rúa, do Barco,… que cantaron e bailaron. Este ano incluso houbo un monólogo. Uns con máis carisma que outros pero todos merecedores de sonoros aplausos.

 

 

Este particular concurso de talentos dirixido a todos os públicos contou con 12 concursantes de diferentes idades e talentos que amosaron toda a súa arte diante do público e tamén do xurado. Os primeiros eran The Last Hope, banda formada por Manilo, Álex, Miguel, Andrea e Aitana que interpretaron Nothing Else Matters de Metallica. Despois FaniI, gañadora do ano pasado cantaba Oye de Beyonce. Circe bailou Vuelan Mariposas de Aitana; Candela Fusaro cantou She Use to be Mine, musical the waittress e Lúa, Always Remember us this Way de Lady Gaga; Alberto tocou e cantou Cómeme todo; Mencía bailou La Noche Entera de Vicco; María Jiménez cantou Como una Ola de Rocío Jurado e Puga, La Flaca de Jarabe de Palo; Monchólogo fixo un monólogo; Ana e Alexia bailaron No se ve de Emilia Ludmilla Zecca; e Candela e Vero cantaron a dúo Solamente tú de Pablo Alborán.

 

 

Unha gran noite na que quedou demostrado unha vez máis que a comarca de Valdeorras e toda a bisbarra é terra de grandes talentos.

As festa na Rúa Vella continúan hoxe co concerto de Os Mitocondrias a partir das 22:30 horas na praza César Conti.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button