Tú, Ahora que soy arena, Te necesitas, Nana para dormir a mis abuelos ou Instrucciones a mis hijos, son algunhas das obras coas que conta Magdalena Sánchez Blesa, a poeta murciana que na tarde deste sábado 10 de maio enchía o Teatro Lauro Olmo do Barco co seu recital, organizado polo grupo “Recordar historia”.
Tal como explican dende o grupo, coñeceron a Magdalena nun acto en Quiroga e conquistounas. “Gustounos tanto a súa poesía e forma de recitar que decidimos traela ao Barco”, aseguran. E tamén en Valdeorras conquistaba ao público coa sensibilidade da súa poesía e a súa mestría para conxugar palabras e emocións.
Dende o patio de butacas, ao mesmo nivel que o público, Magdalena desgranou durante máis dunha hora fermosos e tamén reivindicativos poemas, historias da vida misma, cruel ás veces, divertida outras e tamén revelde, pero sempre intensa e apaixoante.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.