CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Exitoso regreso do concerto de Nadal da Escola de Música de Trives

 

A música é sempre unha das grandes protagonistas do programa de Nadal na Pobra de Trives neste 2023, non é unha excepción.

Tralo parón pola pandemia a Escola de Música de Trives recuperaba, na tarde do venres 22 de decembro, o seu concerto de Nadal que tivo unha gran acollida. “Había moita xente no público”, asegura a profesora, Sandra González, moi contenta coa actuacións dos seus alumnos.

 

 

Uns levan pouco tempo na escola e xa se atreveron a tocar en público, outros teñen máis experiencia e xuntos deron un fermoso concerto centrado en bandas sonoras de películas, algunhas interpretadas en solitario, outras a catro mans… e que remataba co vilancico Llegó la Navidad, con arranxos da propia Sandra e diferentes instrumentos (oukelele, percusión,…).

 

 

E se a Escola de Música abre o Nadal en Trives, o Orfeón Trivés será o encargado de pechalo, co Concerto de Reis que dará o 6 de xaneiro ás 18 horas.

Fotos e vído cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button