CulturaCulturaÚltima hora

Exposición colectiva dos traballos do proxecto “Fiando (a) memoria”, no Barco

A inauguración está prevista ás 17:30h. na Casa do Río Cigüeño

 

A partir de mañá xoves, 15 de xuño, poderá visitarse na Casa do Río Cigüeño no Barco unha exposición colectiva dos proxectos finais dos talleres de estimulación cognitiva “Fiando (a) memoria”, organizados polo Concello do Barco e impartidos por Outonía Coop. Nesta iniciativa participaban unhas 40 persoas, dividada en 4 grupos. A inauguración da mostra está prevista para as 17:30h.

Cada grupo traballaba en torno a unha temática. O do Barco reflexionou sobre a importancia dos talleres de memoria como espazos de encontro, Veigamuíños realizou unha cartografía textil, Éntoma traballou sobre o Entroido e Viloira a súa vinculación co río e a memoria da auga. Todos os traballos poderán verse nesta exposición.

Artigos relacionados

Back to top button