OurenseÚltima hora

Exposición da agrupación fotográfica FotoSíntese, na Casa da Cultura Manuel María de Barbadás

Ata o 30 de abril poderá verse a mostra "Casas sen xente"

 

Dende o día 6 e ata o 30 deste mes de abril, a sala de exposicións da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás acollerá a exposición colectiva “Casas sen xente”, organizada pola agrupación fotográfica FotoSíntese de Ourense. Unha mostra que reflicte a visión artística de membros deste colectivo, sobre casas baleiras e/ou deshabitadas, que poderá visitarse de luns a venres de 10 a 14:30 e de 16 a 20h.

A exposición recolle fotografías de varios artistas: Sonia Álvarez, X. Luis, María Barazal, Enrique Barreiro, Mercedes Bosquet, Kike Castro, Javier Diéguez, J. Jaime Dopereiro, J. Carlos Estévez, Toño Garrido, Roberto C. Gómez, Enma Iglesias, Ana Lorenzo, Maixam (Bel Santos), Marcos Martin, Luisa Méndez, Fen Mugüerza, Luz Nocelo, Juan A. Ocón, Oliden, José Opazo, Pepetón, Belén Pinto, Inés Regueiro, Otilia Riveiro, Carlos Rodríguez, Roberto Salgado, Merche Suárez, Ana Valado, Carmen Varela e J. Manuel Vázquez.

 

Artigos relacionados

Back to top button