CulturaCulturaÚltima hora

Exposición de pintura “Dous de Lugo polo Sil”, en Quiroga

Esta mostra, con obras de Jesús Vázquez Gallego e Miguel Pereiro Raposo, poderá verse ata o 13 de outubro na Sala de exposicións “Manuel María”

O vindeiro 22 de setembro ás oito da tarde inaugurarase en Quiroga a exposición “Dous de Lugo polo Sil”. Trátase dunha mostra que reúne unha escolma das últimas obras de Jesús Vázquez Gallego e Miguel Pereiro Raposo; ámbolos dous facultativos, cunha longa traxectoria artística. Instalarase na Sala de Exposicións “Manuel María” do Concello de Quiroga dende o 22 de setembro ao 13 de outubro.

Os dous artistas presentan estilos próximos ao expresionismo, aínda que cada un aporta a súa interpretación persoal.
A inauguración da exposición terá lugar o venres, día 22 de setembro ás 20h e poderá visitarse ata o 13 de outubro en horario de 9h a 14h e de 18h a 20h de xeito gratuíto.

Artigos relacionados

Back to top button